martes, 14 de decembro de 2021

PREMIADOS NO VII CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

 


Un ano mais conseguimos ser premiados no Concurso de Traballos por Proxectos que convoca a Consellería de Educación. De entre 66 centros educativos presentados, fomos un dos 20 premiados. Estamos orgullosos do traballo realizado polo noso alumnado, a implicación das familias e o interese dos mestres por seguir traballando con metolodoxías activas e participativas. 

A FOTO DE TERESA PORTELA EN TOKIO

A nosa madriña non só conseguiu unha medalla olímpica en Tokio senón que ademais cumpliu co reto que lle propuxemos na nosa Cerimonia de Clausura, enviounos unha foto dela coa camiseta que lle regalamos en Xuño. Grazas Teri! Na biblioteca do Valle-Inclán terás o teu espazo especial!

 

venres, 25 de xuño de 2021

CERIMONIA DE CLAUSURA DOS XOGOS ARDIA 2020-2021

 No derradeiro día lectivo celebramos a Cerimonia de Clausura dos nosos Xogos Olímpicos que tivemos que organizar algo diferente ao que tiñamos pensado nun principio, pero que celebramos igualmente tomando as medidas de seguridade necesarias e cumprindo o noso Protocolo de Adaptación á situación Covid19. Non se permitiu a asistencia das familias ao evento, pero aquí lles deixamos un resumo da experiencia vivida polos seus fillos e fillas neste día tan especial.

As actuacións realizadas foron:

- Discurso do director despedindo ao alumnado que cambia de etapa educativa.

- Entrega de medallas olímpicas realizadas na impresosa 3D polo alumnado de 6º Primaria. Todos os titores entregaron aos seus alumnos e alumnas unha medalla olímpica co logo do proxecto.

Preme na imaxe

- Entrega de orlas ao alumnado de 6º de Educación Infantil por parte da súa titora e os mestres especialistas.

Preme na imaxe

- Entrega de orlas ao alumnado de 6º de Educación Primaria por parte dos seus titores e os mestres especialistas destes cursos.

Preme na imaxe

- Homenaxe a Teresa Portela, a nosa madriña nestes Xogos especiais. Entregámoslle un ramo de flores, unha medalla xigante impresa en cor ouro e unha camiseta gravada co logo do proxecto plantexándolle un reto: que nos envíe unha foto coa camiseta posta dende un lugar emblemático de Tokio cando vaia este verán ás Olimpiadas.

 

- Interpretación dunha adaptación da canción de Carros de Fuego composta pola mestra de música, tocada polo alumnado de 6º Primaria e cantada por todo o centro.

" Teresa Portela na competición dos Xogos de Tokio será a mellor. (Bis) 

Na súa piragua voará, irá moi veloz e o rematar comprobará que de primeira quedou (Bis)"

Preme na imaxe para ver a actuación

- Baile "Gori Ondo Tokio 2020" de todo o centro dirixida pola mestra de Educación Física.

Preme na imaxe para ver o baile

- Apagado do noso pebeteiro.

Preme na imaxe


luns, 14 de xuño de 2021

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO PAÍS DE COSTA RICA (6º INFANTIL)

 E aquí temos outro dos vídeos realizados como tarefa final do proxecto. Nesta ocasión o alumnado de 6º de Educación Infantil preséntanos o seu país de investigación: Costa Rica. 



xoves, 10 de xuño de 2021

FASE DE ACABADO DA CREACIÓN DE MEDALLAS OLÍMPICAS

 O alumnado de 6º de Educación Primaria está a traballar duramente para conseguir o reto de ter unha medalla de Ardia 2020 para cada un dos nosos deportistas que estiveron competindo en diferentes disciplinas nos nosos Xogos Olímpicos. 

Nestes momentos están na fase de post-procesado ou acabado, quitando imperfeccións das pezas cuns cepillos duros e pintando as medallas de cor ouro. 

GALERÍA DE FOTOS E VÍDEOS EXPLICATIVOS


mércores, 9 de xuño de 2021

martes, 8 de xuño de 2021

LIBRO COLABORATIVO FIGURAS OLÍMPICAS MUNDIALES

 

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria investigou sobre as figuras olímpicas a nivel mundial para realizar este libro colaborativo. Hai algunhas páxinas que teñen pestanas desplegables, así que se queredes lelo enteiro, pasade pola biblioteca onde está a disposición de toda a comunidade educativa. 
Non esquezades premer na imaxe da portada!

luns, 7 de xuño de 2021

LIBRO COLABORATIVO SEDES OLÍMPICAS

 Libro informativo realizado de forma colaborativa polo alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. Preme na imaxe para velo.



venres, 4 de xuño de 2021

mércores, 2 de xuño de 2021

DERRADEIRO EPISODIO DE CURIOSIDADES DEPORTIVAS EN RADIO V.I.

 



O alumnado de 2º B remata a súa programación co último episodio sobre Curiosidades Deportivas en RADIO V.I. - Alex, Uxía e Anxo son os protagonistas deste episodio:

VÍDEO PRESENTACIÓN DO PAÍS DE VENEZUELA (4º ED. INFANTIL)

 Vídeo de presentación dos máis pequerrechos do colexio, o alumnado de 4º de Ed. Infantil representan o país de Venezuela. Neste vídeo cóntannos todo o que investigaron ó longo do curso.


CAMPIONATO DE SALTO DE LONXITUDE

Así queda o medalleiro olímpico despois da competición de salto de lonxitude.


Temos uns excelentes saltadores no noso colexio. Preme na seguinte imaxe para ver a galería de fotos.


 

VÍDEO PRESENTACIÓN DO PAÍS DE NORUEGA(6ºB)

 O alumnado de 6º B presenta o país que representan nos nosos Xogos Olímpicos: Noruega.

Preme na imaxe


VÍDEO PRESENTACIÓN DO PAÍS DE ALEMAÑA (6ºA)

 O alumnado de 6º A de Educación Primaria elaborou este vídeo trala investigación que fixeron do seu país: Alemaña.

Preme na imaxe 

mércores, 19 de maio de 2021

VIDEO PRESENTACIÓN DO PAÍS DE RUSIA (5º A -PRIMARIA)

 O alumnado de 5º A realizou unha profunda investigación sobre o seu país, Rusia. Aquí está o resultado do seu documental. 


Preme na imaxe para ver o vídeo

venres, 7 de maio de 2021

PROGRAMAS DE RADIO SOBRE NORUEGA (6ºB)

 


Alumnado de 6ºB investigou persoas importantes de Noruega, país que representan no PDI Ardia 2021.

Deixamos aquí os enlaces aos diferentes episodios que foron gravando ó longo do curso:

-1ª parte

-2ª parte

-3ª parte

-4ª parte

-5ª parte

xoves, 6 de maio de 2021

CAMPIONATO DE GOLF E ACTUALIZACIÓN DO MEDALLEIRO OLÍMPICO

 Dende o 20 de Abril ata o día de hoxe realizáronse as competicións de Golf dentro do ximnasio nas sesións de Educación Física (Primaria) e nas clases de Psicomotricidade (Infantil). Os nosos deportistas tiñan que dirixir a bóla aos cadrados marcados no chan, sumando diferente puntuación segundo onde parara a bóla: no cadrado laranxa, 1 punto; no verde 2 puntos e no aro central 5 puntos.








mércores, 5 de maio de 2021

MÁIS CURIOSIDADES DEPORTIVAS NA RADIO

 https://www.ivoox.com/mais-curiosidades-deportivas-2-b-audios-mp3_rf_69598203_1.html


Neste enlace podemos escoitar outro episodio do noso programa de radio adicado a este proxecto Ardia 2020-2021. Nesta ocasión Éric Rial e Érik Padín cóntanos unha chea de curiosidades deportivas. Sabedes quen inventou o fútbol? En que deporte ten España máis medallas olímpicas?  Pódese xogar a algún deporte na Lúa?...

venres, 23 de abril de 2021

IMPRIMIENDO MEDALLAS A TODA MÁQUINA

 



Aproveitando a impresora 3D da aula maker que adquirimos no cole grazas a participación no Programa Biblioteca Creativa, comezamos a imprimir medallas co logo do proxecto. 

Para chegar a esta fase da Impresión 3D, primeiro o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu unhas sesións formativas do Deseño e impresión 3D co profe Ramón. Na primeira sesión aprenderon as fases de todo o proceso familiarizándose coa aplicación Tinkercad e na segunda clase transformaron imaxes 2D a 3D empregando o programa SELVA. Así conseguiron transformar o debuxo do logo do proxecto e insertala na peza da medalla. 

Agora a máquina está a traballar seguido co fin de poderlle entregar unha medalla a cada alumn@ a final de curso. O reto está en marcha, conseguirémolo?

mércores, 21 de abril de 2021

PRESENTACIÓN DO PAÍS DE NOVA ZELANDA (4ºA)

 


E pouco a pouco imos completando tarefas. Aquí vos deixamos o vídeo presentación que fixeron os nenos e nenas de 4ºA sobre Nova Zelanda, país que representan este ano nos Xogos Ardia 2021. Noraboa polo traballo!


venres, 26 de marzo de 2021

CAMPIONATO DE HOCKEY

 Pechamos o 2º trimestre coa actualización no medalleiro olímpico de Ardia 2021. Rematadas as competicións de hockey estes son os resultados. Visita a Galería de fotos e atopa a túa!






VÍDEO PRESENTACIÓN DO PAÍS DE EEUU (5º EDUCACIÓN INFANTIL)

 O alumnado de 4 anos centrouse na investigación de Nueva York para a súa presentación en Ardia 2021. Aquí tedes o resultado do seu traballo. Seguro que vos gusta!



mércores, 17 de marzo de 2021

VÍDEO PRESENTACIÓN DO PAÍS REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO (1º ED. PRIMARIA)

 Aquí está o vídeo que elaborou o alumnado de 1º de Educación Primaria para facer a súa presentación nos Xogos Ardia 2021

Estupendo traballo de investigación que vos gustará e sorprenderá seguro. 


mércores, 10 de marzo de 2021

CURIOSIDADES DEPORTIVAS EN RADIO V.I.


 Sarela, Marta e Oscar de 2º B de Educación Primaria son os protagonistas doutro episodio do Programa de Radio Ardia 2020-2021. Nesta ocasión os alumnos e alumnas deste curso estiveron a indagar curiosidades deportivas e aquí está o resultado da gravación. Preme no enlace para acceder á nosa canle de  RADIO V.I.

domingo, 7 de marzo de 2021

AS MULLERES MÓVENSE

 


Familias dos nosos alumnos e alumnas colaboraron na realización deste vídeo polo Día da Muller.

Hai unha semana pedímoslles que nos envíaran fotos das mulleres da familia facendo deporte e este foi o resultado. O Equipo de biblioteca agradece a súa participación e desexa que este vídeo contribúa a visibilidade da muller tamén no deporte e na actividade física.

venres, 5 de marzo de 2021

COMPETICIÓNS DAS CARREIRAS DE MEDIO FONDO

 Rematadas as competicións das carreiras de medio fondo, publicamos a Galería de fotos e os resultados obtidos polos nosos deportistas no Medalleiro Olímpico Ardia 2021.


Preme na imaxe






mércores, 24 de febreiro de 2021

DESFILE ENTROIDO 2021

 

Compartimos para toda a Comunidade Educativa que por mor da pandemia non puído ver en directo o desfile que fixemos no cole para celebrar o Entroido. 

Cada grupo-aula foi disfrazado dalgún aspecto da cultura do país que representa este ano no Proxecto dos nosos Xogos Olímpicos Ardia 2021. 

Tamén podedes escoitar as comparsas que cantaron os grupos de 6º A e 4º B no patio e que logo gravaron na nosa Radio Escolar. Deixamos aquí o enlace ao documento coas letras das cancións e os enlaces a nosa canle de radio:

https://drive.google.com/file/d/1_77HTBxJ7RLWyY-6j81FQaFF6KQBcuWW/view


Esperamos que vos guste!

sábado, 20 de febreiro de 2021

VIDEO PRESENTACIÓN DO PAÍS DE XAPÓN (3º PRIMARIA)

 


Video elaborado polo alumnado de 3º de Educación Primaria tras un intenso proceso de investigación sobre Xapón, país ao que representan nos Xogos Ardia 2021. 

TRABALLOS DE ALEMANIA (6ºA -PRIMARIA)

 

Se premes na imaxe, accederás á Galería de fotos dos traballos feitos polo alumnado de 6ºA de Educación Primaria sobre Alemania, país ao que representan nos Xogos Ardia 2021. 

mércores, 17 de febreiro de 2021

VIDEO PRESENTACIÓN DO PAÍS DE EXIPTO 2ºA

 Aquí temos o vídeo de presentación de Exipto elaborado polo alumnado de 2º A. Ten a orixinalidade de ser tamén un xogo de preguntas así que prestade moita atención do que nos contan e collede papel e lapis para participar.



xoves, 11 de febreiro de 2021

TRABALLOS DE 3º (JAPÓN)

 E seguimos documentando e compartindo os traballos de investigación realizadas polo alumnado durante este curso. O alumnado de 3º de Educación Primaria elexiron representar a Xapón e aquí temos os seus traballos. Preme na imaxe para ver todos os traballos que expuseron na súa clase.



venres, 29 de xaneiro de 2021

MURAL POLA PAZ DE ARDIA 2021

 




Algúns dos países de Ardia 2021 teñen un ou máis Premios Nobel da Paz. Busca no mural da entrada ao colexio a bandeira da túa clase, segue as frechas e atoparás a persoa que foi galardoada con este premio. 

Tamén poderás aprender a dicir a palabra PAZ en diferentes linguas.

xoves, 28 de xaneiro de 2021

VIDEO DE PRESENTACIÓN DO PAÍS DE CAMERÚN 2º B

 Alumnado de 2º B de Educación Primaria realizou despois da fase de investigación do seu país este vídeo de presentación para Ardia 2021. 



mércores, 13 de xaneiro de 2021

ESTREAMOS O MEDALLEIRO OLÍMPICO DE ARDIA 2021

Nesta primeira semana de Xaneiro poidemos rematar as competicións das carreiras de velocidade que comezamos no primeiro trimestre quedando o medalleiro olímpico do seguinte xeito:



Preme na foto para acceder á Galería de fotos