venres, 31 de xaneiro de 2020

MURAL OLÍMPICO POLA PAZ


Aquí temos o resultado da actividade inter-etapas, no que nenos e nenas de todo o cole participaron pintando coas súas mans os cinco aros olímpicos co símbolo da paz.

mércores, 29 de xaneiro de 2020

CANTO SABES DOS DEPORTES?

Na biblioteca temos novos xogos de mesa, entre eles fichas-preguntas sobre os deportes e a cultura dos diferentes países. 
Ven a xogar no tempo de lecer e amosa todo o que aprendiches sobre os xogos olímpicos.

luns, 27 de xaneiro de 2020

PORTA DE DEPORTISTAS DE 3 ANOS

O alumnado está a investigar sobre os deportes olímpicos. Cada nen@ é un experto nun deporte e cóntalle aos seus compañeir@s todo o que sabe da súa disciplina deportiva. Aquí vos deixamos a súa simpática porta.

xoves, 23 de xaneiro de 2020

RETO CONSEGUIDO!

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria tiña o cometido no primeiro trimestre de atopar as respostas de todas as preguntas formuladas polo resto do alumnado do colexio sobre:
 Que queremos saber dos Xogos Olímpicos?
Galería de fotos

Dende esta semana as podes buscar polas paredes de todo o cole. 
A ver se es capaz de atopar as que fixéchedes na vosa aula!

Preme aquí para ver todas as preguntas e respostas




martes, 21 de xaneiro de 2020

COMEZAMOS A COMPETICIÓN DE TIRO CON ARCO

Galería de fotos
Hoxe comezamos no tempo de lecer as competicións de Tiro con arco. Guinea e Senegal foron os países participantes representados polo alumnado de 3º de Educación Primaria. Seguiremos engadindo fotos á galería ao longo da semana.

venres, 17 de xaneiro de 2020

PREPARANDO O MURAL DO DÍA DA PAZ

Galería de fotos

Para celebrar o Día da paz estase a preparar un mural cos anelos olímpicos como símbolos de paz na que participan todos os nenos e nenas do colexio pintando coas súas mans. Para facilitar o traballo organizamos actividades inter-etapas axudando os alumnos e alumnas de Primaria aos pequenos e pequenas de Educación Infantil. Axiña poderemos ver o resultado final.

xoves, 16 de xaneiro de 2020

NOVOS FONDOS PARA O PROXECTO

Na entrada á biblioteca hai novos contos relacionados co proxecto: Fútbol, Ximnasia rítmica, Baloncesto, tenis de mesa... Escolle o que máis che guste e lévao emprestado para túa casa.

martes, 14 de xaneiro de 2020

ADESTRANDO TIRO CON ARCO

Galería de fotos

O alumnado está xa a practicar o tiro con arco nas clases de Educación Física. Axiña comezarán as competicións no tempo do lecer.

MEDALLEIRO OLÍMPICO


Actualizamos o medalleiro olímpico tras os resultados das competicións de Remo. 

xoves, 9 de xaneiro de 2020

VÍDEOS DA CERIMONIA INAUGURAL

Aquí temos os vídeos-resumo da cerimonia inaugural elaborados polo noso compañeiro Alex, coordinador do Equipo de Tics do centro, no que podedes ver unhas preciosas imaxes do cole dende o aire dun dos días máis especiais deste curso.

Paseo da antorcha olímpica



Desfile das delegacións, discurso de apertura, homenaxe aos olímpicos e encendido do pebeteiro.