sábado, 21 de decembro de 2019

REMATOU O CAMPIONATO DE REMO

Galería de fotos
Rematamos o primeiro trimestre coa competición de remo adaptado para Educación Infantil. En vez de empregar os ergómetros que utilizou o alumnado de Educación Primaria, os nenos e nenas de Educación Infantil "remaron" sobre rodas, empurrando o monopatín coas mans. 
Que ben o fixeron e que ben o pasaron! 
Á volta das vacacións de Nadal actualizaremos o medalleiro olímpico cos novos resultados desta última competición.

mércores, 18 de decembro de 2019

GOALBALL EN 3º

Esta semana estamos co Goalball, outro deporte paralímpico destinado a persoas cegas. O alumnado de 3º de Educación Primaria tivo a súa primeira experiencia e non o fixeron nada mal.

Galería de fotos

PAVOS DE ACCIÓN DE GRACIAS OLÍMPICOS

Galería de fotos
No mural da clase de lingua inglesa podemos atopar unha chea de pavos olímpicos para o Día da acción de gracias.

venres, 6 de decembro de 2019

A COMUNIDADE EDUCATIVA PARTICIPA NA CERIMONIA INAUGURAL

O día 5 de Decembro foi un día de festa no noso cole. Ao fin puidemos inaugurar de forma oficial os Xogos ARDIA 2020 da voz de Teresa Portela, piragüista olímpica en activo e nai dunha das nosas alumnas. Ela foi a encargada de facer o discurso inaugural onde demostrou non só a súa capacidade como deportista senón como persoa falando dos valores que nos transmite o deporte á vida. 

O programa previsto do evento levouse a cabo na súa totalidade:

- Percorrido da antorcha polo barrio de Ardia escoltados pola Policía Municipal e acompañados polas familias do noso alumnado.
- Presentación do director do Proxecto Documental Integrado ARDIA2020.
- Desfile das 14 delegacións dos países no "patio-estadio".
- Homenaxe a Isabel García, Fredi Bea, Tere Portela e David Mascato, nais e pais do noso alumnado e piragüistas olímpicos: Mostra das fotografías deles nas olimpiadas e entrega de placas conmemorativas.
- Discurso Inaugural da cerimonia a cargo de Teresa Portela.
- Encendido simbólico do noso pebeteiro.
- Interpretación do Himno Ardia2020 composto pola mestra de música Olga de Andrés.

O Claustro de mestres agradecemos a colaboración da Policía Municipal e a asistencia das familias que aplaudiron e vitorearon aos nosos pequerrech@s. Mil grazas. 

Galeria de fotos e vídeos
Os medios de comunicación asistiron tamén ao evento para cubrir a noticia na prensa.

Artículo de La Voz de Galicia


mércores, 4 de decembro de 2019

BOCCIA EN 2º ED. PRIMARIA

Seguimos na semana dos deportes adaptados en Educación Física co grupo de 2º de Educación Primaria. Hoxe fixeron unha pequena adaptación do deporte paralímpico: A Boccia, xogo moi similar á petanca pero lanzando dende a cadeira. O tempo favoreceu que puidéramos facer a actividade ao aire libre no campo de terra. 
Galería de fotos

martes, 3 de decembro de 2019

UN DEPORTE PARALÍMPICO: VOLEIBOL SENTADO

No Día internacional das persoas con discapacidade comenzamos cos deportes adaptados nas clases de Educación Física.
Hoxe os nenos e nenas de 1º de Primaria xogaron a un dos deportes paralímpicos: Voleibol sentado cunhas pequenas modificacións (empregamos globos no lugar dos balóns)  e puideron vivenciar como moverse sen levantar das colchonetas.



luns, 2 de decembro de 2019

SORTEOS PARA OS PORTADORES DA ANTORCHA E OS CARTEIS DAS DELEGACIÓNS

Por fín temos boas previsións do tempo climatolóxico e o xoves día 5 faremos a cerimonia inaugural. Durante estes últimos días estivemos polas clases facendo sorteo dos afortunados que portarán a antorcha durante o percorrido polo noso barrio de Ardia e os portadores dos carteis dos países que representa cada clase. 
Hoxe tocoulles aos de 5º de Ed. Primaria. Xuntámolos na biblio para facer o sorteo. O xoves teñen un papel importante na cerimonia. O resto de compañeiros e compañeiras serán os deportistas que os acompañen. Recordade que as familias estades invitadas a este evento.

Portador da antorcha de 5º
Portadora do cartel de Australia
Portadora do cartel de Japón


mércores, 27 de novembro de 2019

CHARLA INFORMATIVA DA ASOCIACIÓN AMIZADE

Aproxímase a celebración do Día das persoas con discapacide e non podíamos deixar a ocasión para invitar a tres persoas que forman parte da Asociación Amizade para que nos contaran en primeira persoa as súas historias antes e despois de vivir a discapacidade tan de preto. 
Dúas destas persoas adquiriron a discapacide por accidente de tráfico e a outra por enfermidade. Demostraron ademais que a discapacidade, neste caso, física, non lles impide facer deporte, mostrando fotos e vídeos deles nas competicións. Tamén trouxeron unha handbike coa que un deles practica o ciclismo adaptado.
O noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria estivo moi atento e moitos fixeron preguntas interesantes.
Galería de fotos

martes, 26 de novembro de 2019

COMPETICIÓNS DE REMO

Galería de fotos

O luns comezaron as competicións de remo cos ergómetros prestados polo Club de Remo Mecos. 
Cada remeir@ ten 30 segundos para facer a maior distancia posible para o seu país. De momento competiron os países de 3º e 5º de Educación Primaria. Ao longo da semana participarán o resto de cursos e iremos engadindo as fotos ao album. Preme na imaxe para velo.
Tamén podedes ver o album dos adestramentos nas clases de Educación Física.

luns, 25 de novembro de 2019

25 N- O LOGRO DE KATHRINE SWITZER

Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a biblioteca encheuse hoxe de nenas e nenos que presenciaron a actuación teatral do alumnado de 4º de Educación Primaria. 
A representación trataba a historia de Kathrine Switzer, a primeira muller na historia que logrou realizar a maratón de Boston cun dorsal. Se queredes saber máis sobre esta muller só tedes que ver o vídeo da actuación. Disfrutádea!!

4º A actúo para os maiores do cole




4º B actúo para os pequerrech@s

venres, 22 de novembro de 2019

GUINEA BISSAU E SENEGAL COMEZAN OS ADESTRAMENTOS DE REMO

Galería de fotos
Hoxe o alumnado de 3º de Educación Primaria comezou os adestramentos de remo cos profes de Educación Física para aprender a técnica e preparar o próximo campionato dos Xogos Ardia2020
Temos que agradecer ao Club de remo Mecos que nos prestou os ergómetros para facer esta actividade.

mércores, 20 de novembro de 2019

ESTREAMOS O MEDALLEIRO OLÍMPICO



Hoxe rematamos cos campionatos de Fútbol en Educación Infantil e estreamos así o noso medalleiro olímpico que está exposto na zona do podium, na entrada ao cole. 
Noraboa a tod@s pola participación e o espíritu deportivo co que xogáchedes. 
Tedes todas as fotos que puidemos facer no albúm de Fútbol Ardia2020.

Proximamente comezaremos coas competións de remo. 

martes, 19 de novembro de 2019

luns, 18 de novembro de 2019

POSPOSTA A CERIMONIA INAUGURAL

Debido ás malas previsións metereolóxicas desta semana, nos vemos na obriga de aprazar a Cerimonia Inaugural do día 20 de Novembro ata que teñamos un día sen choiva. Avisaremos por todos os medios posibles da nova data.

Aquí vos deixamos o programa de actuacións para ese día.

11:30 Saída de todos os cursos agás 6º de Ed. Primaria (acompañados polos mestres e o director) aos puntos do percorrido onde recibirán o relevo da antorcha.

12:00 Inicio do Paseo da antorcha olímpica comezando polo alumnado de 6º acompañado polas familias que queiran participar. A mesma irase pasando de curso en curso no punto correspondente. No momento de recibir a antorcha, o/a porteador/a esperará no centro da rúa cos seus compañeir@s a ambos lados. Unha vez entregada continuarase coa carreira, cos compañeiros do que a leva xusto detrás del e o resto que xa viña detrás, organizados en parellas ou grupos de tres. O percorrido será polo barrio de Ardia, con corte de tráfico incluído, para rematar na entrada do cole. Os nenos de 4º de Ed. Infantil (os últimos porteadores) entregan a antorcha ao director.
As familias entrarán as primeira no patio para situarse arredor da zona marcada como "Estadio-patio olímpico".

12:30 Desfile das delegación dos países (cursos) dende a entrada do cole ata o "Estadio-patio" e comezando polos cursos superiores.

12:45 Discurso inaugural da olímpica Teresa Portela.

12:55 Entrada da antorcha no "Estadio-patio" polo porteador/a de 3 anos e encendido do pebetero.
13:00 Interpretación do himno Ardia 2020.

mércores, 13 de novembro de 2019

XORNADA PORTAS ABERTAS DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019


Aquí vos deixamos un vídeo-resumo da xornada de Portas Abertas na que presentamos o proxecto Ardia 2020 as familias e participaron nunha xincana olímpica. 
Agradecemos ao Equipo de Tics esta fabulosa edición!

martes, 12 de novembro de 2019

PREPARATIVOS PARA A CERIMONIA INAUGURAL

As mestras de Educación Infantil pediron a colaboración das familias para pintar as camisetas que os seus pequerrech@s van empregar durante todas as competicións o longo deste curso e que proximamente estrearán o día da Cerimonia Inaugural dos Xogos Ardia 2020. Grazas coma sempre por implicarvos!



Mentras... en Educación Primaria... as rapazas e rapaces están a pintar coa axudas dos mestres.

Preme na imaxe para ver máis



martes, 5 de novembro de 2019

XA TEMOS HIMNO!

Neste audio podedes escoitar o himno das nosas olimpiadas composto pola mestra especialista en Música Olga Andrés e interpretada por ela e o alumnado de 5º de Educación Primaria. 
Agora toca empezar os ensaios por todos os cursos e por suposto as familias tedes que aprendela tamén para o próximo evento. Ide ensaiando!



mércores, 30 de outubro de 2019

SAMAÍN OLÍMPICO NO COLE DE ARDIA

Galería de fotos
Dous días de aténtica locura decorando paredes, portas, corredores... e as esperadas cabazas decoradas polas familias dos nosos alumnos e alumnas en relación ao proxecto. Coma sempre  estamos moi agradecidos pola colaboración das familias cunhas cabazas deportivas moi logradas en tan pouco tempo. Noraboa e grazas a todos por participar e implicaros tanto!!
Premer na imaxe para ver as exposicións de cabazas de Primaria e Infantil.

martes, 29 de outubro de 2019

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE 4º SOBRE O ATLETISMO


Nunha das entradas ao cole podedes ver a exposición de traballos que fixeron os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria na área de Educación Física sobre as diferentes probas e concursos do Atletismo. O esforzo e a creatividade do noso alumnado queda ben reflexado na orixinalidade dalgúns traballos. Así podemos atopar lapbooks con preguntas-xogo e tamén a posibilidade de sacar dun sobre unha corda para ver en situ a lonxitude do record do salto de lonxitude ou do record de salto de altura.

mércores, 23 de outubro de 2019

AXUDANTES FACENDO CHAPAS

Hoxe algunhas axudantes voluntarias de biblioteca de 5º estiveron aprendendo a facer chapas co Logo do proxecto: unha actividade divertida e novidosa.



martes, 22 de outubro de 2019

QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER?

Galería de fotos

Unha das actividades que se está a levar a cabo neste primeiro trimestre no proxecto é descubrir e investigar que sabemos sobre as Olimpiadas e que é o que queremos saber. Por iso, durante o mes de Outubro todos os grupos fixeron asambleas para recoller a información e plantexar preguntas a investigar. O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria será o encargado de facer esta investigación.  Terá ata mediados de Novembro para dar resposta as preguntas de todos os cursos. Superarán o reto??? 

venres, 18 de outubro de 2019

TRABALLOS DE 5º EN LINGUA INGLESA

Estupendos traballos elaborados polo alumnado de 5º de Educación Primaria sobre os deportes e os records olímpicos na área de Lingua Inglesa. 
Noraboa rapaces e rapazas. A seguir investigando e documentando a información!

xoves, 17 de outubro de 2019

PROGRAMA XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA BIBLIOTECA

O día 24 de Outubro celebramos na biblioteca o Día Internacional das Bibliotecas cunha Xornada de portas abertas na que esperamos a participación da comunidade educativa. 
Hoxe todos os nenos e nenas levaron para a casa o programa de actividades e a ficha de inscripción para que aqueles que queiran asistir. Entregade a ficha cuberta antes do día 22 de Outubro aos vosos titores/as.

PREME NA CIRCULAR PARA AUMENTAR TAMAÑO



mércores, 16 de outubro de 2019

martes, 15 de outubro de 2019

PREPARANDO AS DELEGACIÓNS

Nas clases de Educación Infantil xa empezaron a buscar información sobre a cultura e costumes dos países que representan nestes Xogos Ardia2020. Nas zonas interclases podemos ver algúns dos seus traballos expostos. Na entrada a aula de 3 anos atopámonos cun pequeno anticipo da investigación sobre España, na entrada da aula de 4 anos temos murais, debuxos, fotos e por suposto non podían faltar os tulipáns e muíños dos Países Baixos. Na entrada da aula de 5 anos podemos ver unha chea de traballos sobre Reino Unido.
Preme nas imaxes para ver con máis detalle os traballos.
ESPAÑA (4º ED.INFANTIL)
PAÍSES BAIXOS (5º ED. INFANTIL)

REINO UNIDO (6º ED.INFANTIL)


xoves, 10 de outubro de 2019

PRIMEIRAS COMPETICIÓNS

Comezamos as competicións de Fútbol no tempo de lecer, baixo a coordinación do mestre de Educación Física e a colaboración do alumnado de 6º de Educación Primaria para o arbitraxe.

Onte xogaron Guinea (3ºA) e Senegal (3ºB) na pista central e Australia (5ºA) e Japón (5ºB) no campo de terra.

Mañá venres xogarán kenia (4ºA) e Tanzania (4ºB) na pista central e Maldivas (6ºA) e Islas Salomón (6ºB) no campo de terra.
Galería de fotos

mércores, 9 de outubro de 2019

BAILE DO PROXECTO



Todo o cole bailando a canción "Los Juegos Olímpicos" despois do tempo de lecer.
Que ben o pasamos este fabuloso día de sol.
A partir do mércores comezan as competicións entre os diferentes cursos.
Cada grupo-aula representará ao país elexido para investigar no proxecto.
Sorte a tod@s e a participar con deportividade!!

VOTACIÓNS LOGO E MASCOTA



PREME NA IMAXE PARA VOTAR


PARTICIPA E AXÚDANOS A ELEXIR A MASCOTA E O LOGO DO PROXECTO.
TES DESDE HOXE ATA O DÍA 16 DE OUTUBRO.

venres, 20 de setembro de 2019

CERTAME DE DEBUXOS


DESEÑA A MASCOTA E O LOGO DO PROXECTO
Cada curso realizará na clase de plástica debuxos dunha mascota e dun logo para o proxecto. Poderán facelo de forma individual ou en equipos.
Para a creación da mascota teremos en conta que estea relacionado coa temática do proxecto: Olimpiadas, deportes, saúde...
Para a creación do logo será necesario que leve o título do proxecto: "Ardia 2020".
Cada grupo-clase entregará 2 debuxos de cada certame (2 da mascota e 2 do logo) que elexirán dentro da propia clase polo procedemento que acorden: ou ben por votación do alumnado ou por elección do mestre-titor. Os debuxos elexidos se entregarán antes do día 8 de Outubro á responsable da biblioteca.

Posteriormente haberá unha votación on-line neste mesmo blog para que alumnado, mestres e familias podan elexir o seu favorito. Estade atentos ás próximas publicacións!



mércores, 11 de setembro de 2019

BENVIDOS AO PROXECTO ARDIA 2020

Comezamos novo curso e novo proxecto documental:" Ardia 2020"
Todo preparado para recibir ao noso alumnado no seu primeiro día de clase con moita enerxía.