venres, 25 de xuño de 2021

CERIMONIA DE CLAUSURA DOS XOGOS ARDIA 2020-2021

 No derradeiro día lectivo celebramos a Cerimonia de Clausura dos nosos Xogos Olímpicos que tivemos que organizar algo diferente ao que tiñamos pensado nun principio, pero que celebramos igualmente tomando as medidas de seguridade necesarias e cumprindo o noso Protocolo de Adaptación á situación Covid19. Non se permitiu a asistencia das familias ao evento, pero aquí lles deixamos un resumo da experiencia vivida polos seus fillos e fillas neste día tan especial.

As actuacións realizadas foron:

- Discurso do director despedindo ao alumnado que cambia de etapa educativa.

- Entrega de medallas olímpicas realizadas na impresosa 3D polo alumnado de 6º Primaria. Todos os titores entregaron aos seus alumnos e alumnas unha medalla olímpica co logo do proxecto.

Preme na imaxe

- Entrega de orlas ao alumnado de 6º de Educación Infantil por parte da súa titora e os mestres especialistas.

Preme na imaxe

- Entrega de orlas ao alumnado de 6º de Educación Primaria por parte dos seus titores e os mestres especialistas destes cursos.

Preme na imaxe

- Homenaxe a Teresa Portela, a nosa madriña nestes Xogos especiais. Entregámoslle un ramo de flores, unha medalla xigante impresa en cor ouro e unha camiseta gravada co logo do proxecto plantexándolle un reto: que nos envíe unha foto coa camiseta posta dende un lugar emblemático de Tokio cando vaia este verán ás Olimpiadas.

 

- Interpretación dunha adaptación da canción de Carros de Fuego composta pola mestra de música, tocada polo alumnado de 6º Primaria e cantada por todo o centro.

" Teresa Portela na competición dos Xogos de Tokio será a mellor. (Bis) 

Na súa piragua voará, irá moi veloz e o rematar comprobará que de primeira quedou (Bis)"

Preme na imaxe para ver a actuación

- Baile "Gori Ondo Tokio 2020" de todo o centro dirixida pola mestra de Educación Física.

Preme na imaxe para ver o baile

- Apagado do noso pebeteiro.

Preme na imaxe


1 comentario:

  1. Espectacular!!!!! Enhorabuena a tod@s!!!!! 👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼

    ResponderEliminar