xoves, 17 de xuño de 2021
xoves, 6 de maio de 2021
CAMPIONATO DE GOLF E ACTUALIZACIÓN DO MEDALLEIRO OLÍMPICO
Dende o 20 de Abril ata o día de hoxe realizáronse as competicións de Golf dentro do ximnasio nas sesións de Educación Física (Primaria) e nas clases de Psicomotricidade (Infantil). Os nosos deportistas tiñan que dirixir a bóla aos cadrados marcados no chan, sumando diferente puntuación segundo onde parara a bóla: no cadrado laranxa, 1 punto; no verde 2 puntos e no aro central 5 puntos.
venres, 26 de marzo de 2021
CAMPIONATO DE HOCKEY
Pechamos o 2º trimestre coa actualización no medalleiro olímpico de Ardia 2021. Rematadas as competicións de hockey estes son os resultados. Visita a Galería de fotos e atopa a túa!
venres, 5 de marzo de 2021
COMPETICIÓNS DAS CARREIRAS DE MEDIO FONDO
Rematadas as competicións das carreiras de medio fondo, publicamos a Galería de fotos e os resultados obtidos polos nosos deportistas no Medalleiro Olímpico Ardia 2021.
mércores, 13 de xaneiro de 2021
ESTREAMOS O MEDALLEIRO OLÍMPICO DE ARDIA 2021
Nesta primeira semana de Xaneiro poidemos rematar as competicións das carreiras de velocidade que comezamos no primeiro trimestre quedando o medalleiro olímpico do seguinte xeito:
mércores, 9 de decembro de 2020
ADESTRANDO AS SAÍDAS PARA AS PRIMEIRAS CARREIRAS DE ATLETISMO
Todo o alumnado está a prepararse para as primeiras competicións deste ano. Como non podemos xuntar os grupos, imos facer as competicións nas clases de Educación Física tomando os tempos das mellores series e facendo unha media do tempo acadado por cada grupo. Aquí están algunhas fotos das primeiras prácticas no patio.
mércores, 19 de febreiro de 2020
COMPETICIÓNS DE BALONCESTO
luns, 3 de febreiro de 2020
ACTUALIZACIÓN DO MEDALLEIRO OLÍMPICO
Rematada a competición de Tiro con arco,actualizamos o noso medalleiro olímpico.
Recordaros que podedes ver algunhas fotos das competicións nos seguintes enlaces do blog:
-Competicións de Fútbol
-Competicións de Remo
-Competicións de Tiro con arco
En breve comezarán as competicións de Baloncesto no tempo de lecer. A ver se temos sorte co tempo climatolóxico e nos permite facer os partidos no patio.
martes, 21 de xaneiro de 2020
COMEZAMOS A COMPETICIÓN DE TIRO CON ARCO
![]() |
| Galería de fotos |


















