Amosando publicacións coa etiqueta Deportes olímpicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deportes olímpicos. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de xuño de 2021

LIBRO COLABORATIVO DOS DEPORTES OLÍMPICOS

 Este libro informativo sobre algúns deportes olímpicos foi unha das tarefas finais do proxecto elaborado por todos os grupos de Educación Infantil e os niveis de 1º e 2º de Ed. Primaria. 

Preme na imaxe para velo.




luns, 14 de decembro de 2020

ESTATUAS OLÍMPICAS


 Nas clases de Educación Física houbo que reinventarse para facer xogos e deportes sen contacto, por iso un dos xogos levados a cabo no primeiro trimestre foi o das Estatuas Olímpicas, basado no xogo popular das Estatuas musicais, no que o alumnado baila e se move libremente mentres soa a música. Cando a música para cada alumno/a representa co seu corpo un deporte olímpico: voleibol, baloncesto, tenis, fútbol....

xoves, 27 de febreiro de 2020

GALERÍA DE FOTOS ENTROIDO

Galería de fotos

Mentres o noso equipo de TICS prepara o vídeo do Entroido e as comparsas, aquí vos adiantamos algunhas das fotos que se fixeron na celebración do Entroido Ardia2020.

martes, 11 de febreiro de 2020

PROGRAMAS DE RADIO EN INGLÉS SOBRE OS DEPORTISTAS E OS XOGOS OLÍMPICOS


O alumnado de 4º, 5º e 6º están a facer programas de radio en inglés. Os de 6º investigaron sobre os xogos olímpicos e xa fixeron as primeiras gravacións no primeiro trimestre. Agora foi a quenda do alumnado de 5º e nos falan dos deportistas solidarios pola celebración do Día da Paz. Xa nos tarda escoitar tamén aos de 4º ... que nos contarán no terceiro trimestre? Atentos á nosa canle RADIO V.I. 

mércores, 5 de febreiro de 2020

NOVOS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

Neste segundo trimestre o alumnado de 4º de Educación Primaria está a investigar sobre os deportes olímpicos de equipo na área de Educación Fisica. Aquí vos deixamos algúns dos traballos xa expostos na entrada do cole.
Preme aquí para ver os traballos

luns, 3 de febreiro de 2020

ACTUALIZACIÓN DO MEDALLEIRO OLÍMPICO


Rematada a competición de Tiro con arco,actualizamos o noso medalleiro olímpico.
Recordaros que podedes ver algunhas fotos das competicións nos seguintes enlaces do blog:

-Competicións de Fútbol
-Competicións de Remo
-Competicións de Tiro con arco

En breve comezarán as competicións de Baloncesto no tempo de lecer. A ver se temos sorte co tempo climatolóxico e nos permite facer os partidos no patio.

luns, 27 de xaneiro de 2020

PORTA DE DEPORTISTAS DE 3 ANOS

O alumnado está a investigar sobre os deportes olímpicos. Cada nen@ é un experto nun deporte e cóntalle aos seus compañeir@s todo o que sabe da súa disciplina deportiva. Aquí vos deixamos a súa simpática porta.