mércores, 23 de decembro de 2020

MURAL PODIUM NAVIDEÑO

 

Mural elaborado polo Equipo de biblioteca e a participación do alumnado de 5º de Primaria para decorar a entrada do cole na celebración do Nadal. Buscamos todas as bandeiras dos novos países que participan en Ardia 2021 e a mensaxe "Bo Nadal" nos diferentes idiomas destes países. Así de bonito quedou o noso podium de árbores de Nadal.

luns, 21 de decembro de 2020

venres, 18 de decembro de 2020

PRIMEIROS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN EN 2º: EGIPTO E CAMERÚN

 O alumnado de 2º comezou xa as súas investigacións sobre os novos países escollidos para ARDIA 2021. Deixamos aquí enlace aos traballos feitos en ambos grupos. Preme nas imaxes para acceder.

EGIPTO (2º A)

CAMERÚN (2º B)

martes, 15 de decembro de 2020

OLÍMPICOS NA RADIO ESCOLAR

 

Alumnado de 5ºA fai un programa na radio escolar sobre o traballo de investigación que fixeron no curso pasado sobre figuras olímpicas a nivel mundial. Pasa pola nosa canle para escoitar.

luns, 14 de decembro de 2020

ESTATUAS OLÍMPICAS


 Nas clases de Educación Física houbo que reinventarse para facer xogos e deportes sen contacto, por iso un dos xogos levados a cabo no primeiro trimestre foi o das Estatuas Olímpicas, basado no xogo popular das Estatuas musicais, no que o alumnado baila e se move libremente mentres soa a música. Cando a música para cada alumno/a representa co seu corpo un deporte olímpico: voleibol, baloncesto, tenis, fútbol....

venres, 11 de decembro de 2020

VIDEOCONFERENCIA CON ENRIQUE NAVAS

 Con motivo do Día das personas con discapacidade e tras o traballo de investigación realizado no 4º de Ed. Primaria sobre os deportes paralímpicos, contactamos grazas a unha familia dunha alumna con Enrique Navas, deportista que na actualidade fichou co Club Breogán de Piragüismo de Remo de O Grove e que se ofreceu a facer unha videoconferencia co noso alumnado. Ademais permitiu gravala para poder compartila co resto do alumnado de todo o centro e coa comunidade educativa. Grazas Tite pola túa colaboración totalmente desinteresada. Aínda que dura máis de 30 minutos, recomendamos vela porque sen duda é unha lección da vida o que nos transmite Enrique Navas (Tite).



DEPORTES PARALÍMPICOS 4º PRIMARIA

 O alumnado de 4º de Primaria estivo a investigar sobre os deportes paralímpicos, fixeron uns pequenos traballos coa información seleccionada e logo os compartiu nun padlet. Preme na imaxe para velo.



xoves, 10 de decembro de 2020

XOGANDO ÁS ADIVIÑAS DEPORTIVAS

 

Galería de fotos

Unha das actividades realizadas no tempo do Plan lector é o xogo das adiviñas. Aproveitando as tarxeitas feitas na Biblioteca Creativa para o xogo dos escornabots, o alumnado de 2º de Primaria practica a lectura e aprende vocabulario relacionado cos deportes e os Xogos Olímpicos. Mentres un alumno/a  le a tarxeta o resto escoita e intenta adiviñar a palabra. 

mércores, 9 de decembro de 2020

ADESTRANDO AS SAÍDAS PARA AS PRIMEIRAS CARREIRAS DE ATLETISMO

 Todo o alumnado está a prepararse para as primeiras competicións deste ano. Como non podemos xuntar os grupos, imos facer as competicións nas clases de Educación Física tomando os tempos das mellores series e facendo unha media do tempo acadado por cada grupo.  Aquí están algunhas fotos das primeiras prácticas no patio.







venres, 4 de decembro de 2020

COMEZA ARDIA 2021


BENVID@S A UN NOVO CURSO!!

 O alumnado e o profesorado deste novo curso estivo durante este primeiro trimestre adaptándose á nova normativa do centro para levar a cabo o protocolo de adaptación anti-Covid. Con moito esforzo e paciencia continuamos o proxecto que iniciamos o curso pasado co obxectivo de poder rematalo nesta nova normalidade e cumprindo todas as medidas de seguridade necesarias.

Aquí vos deixamos un Genially onde se presentan as novas delegacións dos PAÍSES escollidos para levar a cabo os nosos Xogos Olímpicos Ardia 2021. Preme no enlace para acceder a imaxe interactiva, despois tes que ir premendo nos puntos.

 https://view.genial.ly/5fca8dd6b311230dad311890/interactive-image-imagen-interactiva