Amosando publicacións coa etiqueta Deportes e cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deportes e cultura. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de marzo de 2021

CURIOSIDADES DEPORTIVAS EN RADIO V.I.


 Sarela, Marta e Oscar de 2º B de Educación Primaria son os protagonistas doutro episodio do Programa de Radio Ardia 2020-2021. Nesta ocasión os alumnos e alumnas deste curso estiveron a indagar curiosidades deportivas e aquí está o resultado da gravación. Preme no enlace para acceder á nosa canle de  RADIO V.I.

xoves, 18 de xuño de 2020

VIDEO PRESENTACIÓN DE SENEGAL 3º B


Rematado case o curso 19-20, seguen chegando ao equipo de biblioteca os traballos dos cursos. Aquí vos deixamos o vídeo elaborado polo alumnado de 3º B falando do seu país: Senegal.

O próximo curso seguiremos co noso proxecto, esperando poder continuar as actividades iniciadas e incorporar actuacións novas.

venres, 20 de marzo de 2020

De niñas a leyendas

Dende o taller de solidaridad nos envían este material moi interesante para traballar a igualdade e coñecer  máis sobre as mulleres deportistas.
Tamén ofrecen a posibilidade de descargar un xogo de memoria e un caderno con ideas para facer en familia dada a situación actual de confinamento nas casas por mor do coronavirus.
Preme nas imaxes.
Libro 
Xogo para imprimir
 
Enlace para:

"Nós quedamos na casa"

venres, 13 de marzo de 2020

PARA SABER MÁIS...

O xoves rematamos o xogo-concurso das Olímpicas. Todo o alumnado participou  con entusiasmo buscando as nosas 16 mulleres. Agora toca saber máis delas. 
Nestes días de descanso na casa podedes aproveitar para ler sobre estas mulleres. Aquí vos deixamos o documento elaborado polo Equipo de Biblioteca para facer o xogo. 
Cando retomemos as clases, faremos o sorteo de agasallos entre todos os participantes. 

mércores, 11 de marzo de 2020

CÓMICS DEPORTIVOS

ATENCIÓN!! 
Temos novos traballos do alumnado de 4º de Educación Primaria. Desta vez fixeron uns cómics seguindo coa temática do proxecto das Olimpiadas e os deportes. Prema na imaxe para disfrutar deles.

mércores, 29 de xaneiro de 2020

CANTO SABES DOS DEPORTES?

Na biblioteca temos novos xogos de mesa, entre eles fichas-preguntas sobre os deportes e a cultura dos diferentes países. 
Ven a xogar no tempo de lecer e amosa todo o que aprendiches sobre os xogos olímpicos.

martes, 15 de outubro de 2019

PREPARANDO AS DELEGACIÓNS

Nas clases de Educación Infantil xa empezaron a buscar información sobre a cultura e costumes dos países que representan nestes Xogos Ardia2020. Nas zonas interclases podemos ver algúns dos seus traballos expostos. Na entrada a aula de 3 anos atopámonos cun pequeno anticipo da investigación sobre España, na entrada da aula de 4 anos temos murais, debuxos, fotos e por suposto non podían faltar os tulipáns e muíños dos Países Baixos. Na entrada da aula de 5 anos podemos ver unha chea de traballos sobre Reino Unido.
Preme nas imaxes para ver con máis detalle os traballos.
ESPAÑA (4º ED.INFANTIL)
PAÍSES BAIXOS (5º ED. INFANTIL)

REINO UNIDO (6º ED.INFANTIL)