sábado, 21 de decembro de 2019

REMATOU O CAMPIONATO DE REMO

Galería de fotos
Rematamos o primeiro trimestre coa competición de remo adaptado para Educación Infantil. En vez de empregar os ergómetros que utilizou o alumnado de Educación Primaria, os nenos e nenas de Educación Infantil "remaron" sobre rodas, empurrando o monopatín coas mans. 
Que ben o fixeron e que ben o pasaron! 
Á volta das vacacións de Nadal actualizaremos o medalleiro olímpico cos novos resultados desta última competición.

mércores, 18 de decembro de 2019

GOALBALL EN 3º

Esta semana estamos co Goalball, outro deporte paralímpico destinado a persoas cegas. O alumnado de 3º de Educación Primaria tivo a súa primeira experiencia e non o fixeron nada mal.

Galería de fotos

PAVOS DE ACCIÓN DE GRACIAS OLÍMPICOS

Galería de fotos
No mural da clase de lingua inglesa podemos atopar unha chea de pavos olímpicos para o Día da acción de gracias.

venres, 6 de decembro de 2019

A COMUNIDADE EDUCATIVA PARTICIPA NA CERIMONIA INAUGURAL

O día 5 de Decembro foi un día de festa no noso cole. Ao fin puidemos inaugurar de forma oficial os Xogos ARDIA 2020 da voz de Teresa Portela, piragüista olímpica en activo e nai dunha das nosas alumnas. Ela foi a encargada de facer o discurso inaugural onde demostrou non só a súa capacidade como deportista senón como persoa falando dos valores que nos transmite o deporte á vida. 

O programa previsto do evento levouse a cabo na súa totalidade:

- Percorrido da antorcha polo barrio de Ardia escoltados pola Policía Municipal e acompañados polas familias do noso alumnado.
- Presentación do director do Proxecto Documental Integrado ARDIA2020.
- Desfile das 14 delegacións dos países no "patio-estadio".
- Homenaxe a Isabel García, Fredi Bea, Tere Portela e David Mascato, nais e pais do noso alumnado e piragüistas olímpicos: Mostra das fotografías deles nas olimpiadas e entrega de placas conmemorativas.
- Discurso Inaugural da cerimonia a cargo de Teresa Portela.
- Encendido simbólico do noso pebeteiro.
- Interpretación do Himno Ardia2020 composto pola mestra de música Olga de Andrés.

O Claustro de mestres agradecemos a colaboración da Policía Municipal e a asistencia das familias que aplaudiron e vitorearon aos nosos pequerrech@s. Mil grazas. 

Galeria de fotos e vídeos
Os medios de comunicación asistiron tamén ao evento para cubrir a noticia na prensa.

Artículo de La Voz de Galicia


mércores, 4 de decembro de 2019

BOCCIA EN 2º ED. PRIMARIA

Seguimos na semana dos deportes adaptados en Educación Física co grupo de 2º de Educación Primaria. Hoxe fixeron unha pequena adaptación do deporte paralímpico: A Boccia, xogo moi similar á petanca pero lanzando dende a cadeira. O tempo favoreceu que puidéramos facer a actividade ao aire libre no campo de terra. 
Galería de fotos

martes, 3 de decembro de 2019

UN DEPORTE PARALÍMPICO: VOLEIBOL SENTADO

No Día internacional das persoas con discapacidade comenzamos cos deportes adaptados nas clases de Educación Física.
Hoxe os nenos e nenas de 1º de Primaria xogaron a un dos deportes paralímpicos: Voleibol sentado cunhas pequenas modificacións (empregamos globos no lugar dos balóns)  e puideron vivenciar como moverse sen levantar das colchonetas.



luns, 2 de decembro de 2019

SORTEOS PARA OS PORTADORES DA ANTORCHA E OS CARTEIS DAS DELEGACIÓNS

Por fín temos boas previsións do tempo climatolóxico e o xoves día 5 faremos a cerimonia inaugural. Durante estes últimos días estivemos polas clases facendo sorteo dos afortunados que portarán a antorcha durante o percorrido polo noso barrio de Ardia e os portadores dos carteis dos países que representa cada clase. 
Hoxe tocoulles aos de 5º de Ed. Primaria. Xuntámolos na biblio para facer o sorteo. O xoves teñen un papel importante na cerimonia. O resto de compañeiros e compañeiras serán os deportistas que os acompañen. Recordade que as familias estades invitadas a este evento.

Portador da antorcha de 5º
Portadora do cartel de Australia
Portadora do cartel de Japón