Amosando publicacións coa etiqueta Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Infantil. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de xuño de 2021

LIBRO COLABORATIVO DOS DEPORTES OLÍMPICOS

 Este libro informativo sobre algúns deportes olímpicos foi unha das tarefas finais do proxecto elaborado por todos os grupos de Educación Infantil e os niveis de 1º e 2º de Ed. Primaria. 

Preme na imaxe para velo.




martes, 15 de outubro de 2019

PREPARANDO AS DELEGACIÓNS

Nas clases de Educación Infantil xa empezaron a buscar información sobre a cultura e costumes dos países que representan nestes Xogos Ardia2020. Nas zonas interclases podemos ver algúns dos seus traballos expostos. Na entrada a aula de 3 anos atopámonos cun pequeno anticipo da investigación sobre España, na entrada da aula de 4 anos temos murais, debuxos, fotos e por suposto non podían faltar os tulipáns e muíños dos Países Baixos. Na entrada da aula de 5 anos podemos ver unha chea de traballos sobre Reino Unido.
Preme nas imaxes para ver con máis detalle os traballos.
ESPAÑA (4º ED.INFANTIL)
PAÍSES BAIXOS (5º ED. INFANTIL)

REINO UNIDO (6º ED.INFANTIL)