O día 5 de Decembro foi un día de festa no noso cole. Ao fin puidemos inaugurar de forma oficial os Xogos ARDIA 2020 da voz de Teresa Portela, piragüista olímpica en activo e nai dunha das nosas alumnas. Ela foi a encargada de facer o discurso inaugural onde demostrou non só a súa capacidade como deportista senón como persoa falando dos valores que nos transmite o deporte á vida.
O programa previsto do evento levouse a cabo na súa totalidade:
- Percorrido da antorcha polo barrio de Ardia escoltados pola Policía Municipal e acompañados polas familias do noso alumnado.
- Presentación do director do Proxecto Documental Integrado ARDIA2020.
- Desfile das 14 delegacións dos países no "patio-estadio".
- Homenaxe a Isabel García, Fredi Bea, Tere Portela e David Mascato, nais e pais do noso alumnado e piragüistas olímpicos: Mostra das fotografías deles nas olimpiadas e entrega de placas conmemorativas.
- Discurso Inaugural da cerimonia a cargo de Teresa Portela.
- Encendido simbólico do noso pebeteiro.
- Discurso Inaugural da cerimonia a cargo de Teresa Portela.
- Encendido simbólico do noso pebeteiro.
- Interpretación do Himno Ardia2020 composto pola mestra de música Olga de Andrés.
O Claustro de mestres agradecemos a colaboración da Policía Municipal e a asistencia das familias que aplaudiron e vitorearon aos nosos pequerrech@s. Mil grazas.
Galeria de fotos e vídeos |
Foi un día maravilloso. O tempo acompañounos en todo o percorrido que con tanta ilusión fixeron eses nenos/as. E o recoñecemento a eses grandes desportistas foi moi aplaudido non só por nós (alumnos e pais) se non por moita xente do Grove. Gran traballo profes!!!! ������������ Que non fai falta estar pegado a un libro para aprender grandes cousas.������������
ResponderEliminarA seguir así ������������������