mércores, 27 de novembro de 2019

CHARLA INFORMATIVA DA ASOCIACIÓN AMIZADE

Aproxímase a celebración do Día das persoas con discapacide e non podíamos deixar a ocasión para invitar a tres persoas que forman parte da Asociación Amizade para que nos contaran en primeira persoa as súas historias antes e despois de vivir a discapacidade tan de preto. 
Dúas destas persoas adquiriron a discapacide por accidente de tráfico e a outra por enfermidade. Demostraron ademais que a discapacidade, neste caso, física, non lles impide facer deporte, mostrando fotos e vídeos deles nas competicións. Tamén trouxeron unha handbike coa que un deles practica o ciclismo adaptado.
O noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria estivo moi atento e moitos fixeron preguntas interesantes.
Galería de fotos

1 comentario:

  1. Noraboa pola charla, polo que me contaron na casa foi moi interesante. Historias, anécdotas e sobretodo, realidade... 👏🏼👏🏼👏🏼

    ResponderEliminar