martes, 14 de decembro de 2021

PREMIADOS NO VII CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

 


Un ano mais conseguimos ser premiados no Concurso de Traballos por Proxectos que convoca a Consellería de Educación. De entre 66 centros educativos presentados, fomos un dos 20 premiados. Estamos orgullosos do traballo realizado polo noso alumnado, a implicación das familias e o interese dos mestres por seguir traballando con metolodoxías activas e participativas. 

A FOTO DE TERESA PORTELA EN TOKIO

A nosa madriña non só conseguiu unha medalla olímpica en Tokio senón que ademais cumpliu co reto que lle propuxemos na nosa Cerimonia de Clausura, enviounos unha foto dela coa camiseta que lle regalamos en Xuño. Grazas Teri! Na biblioteca do Valle-Inclán terás o teu espazo especial!

 

venres, 25 de xuño de 2021

CERIMONIA DE CLAUSURA DOS XOGOS ARDIA 2020-2021

 No derradeiro día lectivo celebramos a Cerimonia de Clausura dos nosos Xogos Olímpicos que tivemos que organizar algo diferente ao que tiñamos pensado nun principio, pero que celebramos igualmente tomando as medidas de seguridade necesarias e cumprindo o noso Protocolo de Adaptación á situación Covid19. Non se permitiu a asistencia das familias ao evento, pero aquí lles deixamos un resumo da experiencia vivida polos seus fillos e fillas neste día tan especial.

As actuacións realizadas foron:

- Discurso do director despedindo ao alumnado que cambia de etapa educativa.

- Entrega de medallas olímpicas realizadas na impresosa 3D polo alumnado de 6º Primaria. Todos os titores entregaron aos seus alumnos e alumnas unha medalla olímpica co logo do proxecto.

Preme na imaxe

- Entrega de orlas ao alumnado de 6º de Educación Infantil por parte da súa titora e os mestres especialistas.

Preme na imaxe

- Entrega de orlas ao alumnado de 6º de Educación Primaria por parte dos seus titores e os mestres especialistas destes cursos.

Preme na imaxe

- Homenaxe a Teresa Portela, a nosa madriña nestes Xogos especiais. Entregámoslle un ramo de flores, unha medalla xigante impresa en cor ouro e unha camiseta gravada co logo do proxecto plantexándolle un reto: que nos envíe unha foto coa camiseta posta dende un lugar emblemático de Tokio cando vaia este verán ás Olimpiadas.

 

- Interpretación dunha adaptación da canción de Carros de Fuego composta pola mestra de música, tocada polo alumnado de 6º Primaria e cantada por todo o centro.

" Teresa Portela na competición dos Xogos de Tokio será a mellor. (Bis) 

Na súa piragua voará, irá moi veloz e o rematar comprobará que de primeira quedou (Bis)"

Preme na imaxe para ver a actuación

- Baile "Gori Ondo Tokio 2020" de todo o centro dirixida pola mestra de Educación Física.

Preme na imaxe para ver o baile

- Apagado do noso pebeteiro.

Preme na imaxe


luns, 14 de xuño de 2021

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO PAÍS DE COSTA RICA (6º INFANTIL)

 E aquí temos outro dos vídeos realizados como tarefa final do proxecto. Nesta ocasión o alumnado de 6º de Educación Infantil preséntanos o seu país de investigación: Costa Rica. 



xoves, 10 de xuño de 2021

FASE DE ACABADO DA CREACIÓN DE MEDALLAS OLÍMPICAS

 O alumnado de 6º de Educación Primaria está a traballar duramente para conseguir o reto de ter unha medalla de Ardia 2020 para cada un dos nosos deportistas que estiveron competindo en diferentes disciplinas nos nosos Xogos Olímpicos. 

Nestes momentos están na fase de post-procesado ou acabado, quitando imperfeccións das pezas cuns cepillos duros e pintando as medallas de cor ouro. 

GALERÍA DE FOTOS E VÍDEOS EXPLICATIVOS