luns, 9 de marzo de 2020

XOGO-CONCURSO DÍA DA MULLER

GALERÍA DE FOTOS

Comezamos esta semana co xogo-concurso adicado ao Día da Muller (8 de Marzo). Todo o alumnado terá que buscar polas paredes do cole as 16 olímpicas e paraolímpicas escollidas polo Equipo de biblioteca. Cada día colocaremos 4 fichas coa fotografía da deportista, o seu nome e unha breve información sobre os seus logros deportivos. O alumnado terá que cubrir a ficha do xogo que se lle entregou o luns ata completar o nome das 16 mulleres. Ao rematar o xogo, se introducirán todas as fichas no buzón do xogo que haberá no mostrador da biblioteca a partires do xoves. 
De entre todas as fichas completadas correctamente faremos un sorteo de agasallos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario