ARDIA 2020 CONTINUARÁ...
venres, 19 de xuño de 2020
DESPEDIDA ATA O VINDEIRO CURSO
Rematamos este curso escolar 2019-2020 cos videos-resumo da celebración do Entroido editados polo Coordinador de TICs.
xoves, 18 de xuño de 2020
VIDEO PRESENTACIÓN DE SENEGAL 3º B
Rematado case o curso 19-20, seguen chegando ao equipo de biblioteca os traballos dos cursos. Aquí vos deixamos o vídeo elaborado polo alumnado de 3º B falando do seu país: Senegal.
O próximo curso seguiremos co noso proxecto, esperando poder continuar as actividades iniciadas e incorporar actuacións novas.
luns, 27 de abril de 2020
Maratón literario de deportistas
O Taller de Solidariedade envíanos este enlace ao Maratón literario realizado por deportistas con motivo do Día do Libro. Esperamos que vos guste.
![]() |
| Preme na imaxe |
sábado, 25 de abril de 2020
Marcapáxinas ARDIA 2020
Con motivo da celebración do Día do Libro o Equipo de Dinaminación da Lingua Galega propón, no novo blog de tarefas polo COVID-19, a elaboración destes marcapáxinas cos debuxos das nosa mascota e do Logo do proxecto.
Algún alumno xa enviou á súa titora a foto co marcapáxinas. Grazas Equipo, grazas familia!
Algún alumno xa enviou á súa titora a foto co marcapáxinas. Grazas Equipo, grazas familia!
![]() |
| Preme nos debuxos para imprimir os marcapáxinas |
Etiquetas:
Animación á lectura e a escritura,
Ardia 2020,
Día do libro,
Equipos Dinamización Lingua Galega,
euquedonacasa,
Familias,
Infantil e Primaria
venres, 10 de abril de 2020
6 de Abril, Día internacional do deporte para o desenvolvemento e a paz
No ano 2013, a Organización das Naciones Unidas proclamou o 6 de abril como Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz. Esta data foi escollida para conmemorar os primeiros Xogos Olímpicos levados a cabo en Atenas, Grecia en 1896.
Todos os anos celébrase en moitos países do mundo organizando actividades físicas, charlas e obradoiros diferentes relacionados co deporte e que contribúan á promoción da actividade física.
Dada a situación na que estamos na actualidade, os invitamos a realizar de forma voluntaria exercicios físicos na casa: xogos en familia, bailes, ioga... ou as propostas que vos facemos no blog de tarefas de Educación Física.

Ánimo e moita enerxía!
venres, 20 de marzo de 2020
De niñas a leyendas
Dende o taller de solidaridad nos envían este material moi interesante para traballar a igualdade e coñecer máis sobre as mulleres deportistas.
Tamén ofrecen a posibilidade de descargar un xogo de memoria e un caderno con ideas para facer en familia dada a situación actual de confinamento nas casas por mor do coronavirus.
Preme nas imaxes.

| Libro |
![]() |
| Xogo para imprimir |
Enlace para:
"Nós quedamos na casa"
venres, 13 de marzo de 2020
PARA SABER MÁIS...
O xoves rematamos o xogo-concurso das Olímpicas. Todo o alumnado participou con entusiasmo buscando as nosas 16 mulleres. Agora toca saber máis delas.
Nestes días de descanso na casa podedes aproveitar para ler sobre estas mulleres. Aquí vos deixamos o documento elaborado polo Equipo de Biblioteca para facer o xogo.
Cando retomemos as clases, faremos o sorteo de agasallos entre todos os participantes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)