venres, 6 de decembro de 2019

A COMUNIDADE EDUCATIVA PARTICIPA NA CERIMONIA INAUGURAL

O día 5 de Decembro foi un día de festa no noso cole. Ao fin puidemos inaugurar de forma oficial os Xogos ARDIA 2020 da voz de Teresa Portela, piragüista olímpica en activo e nai dunha das nosas alumnas. Ela foi a encargada de facer o discurso inaugural onde demostrou non só a súa capacidade como deportista senón como persoa falando dos valores que nos transmite o deporte á vida. 

O programa previsto do evento levouse a cabo na súa totalidade:

- Percorrido da antorcha polo barrio de Ardia escoltados pola Policía Municipal e acompañados polas familias do noso alumnado.
- Presentación do director do Proxecto Documental Integrado ARDIA2020.
- Desfile das 14 delegacións dos países no "patio-estadio".
- Homenaxe a Isabel García, Fredi Bea, Tere Portela e David Mascato, nais e pais do noso alumnado e piragüistas olímpicos: Mostra das fotografías deles nas olimpiadas e entrega de placas conmemorativas.
- Discurso Inaugural da cerimonia a cargo de Teresa Portela.
- Encendido simbólico do noso pebeteiro.
- Interpretación do Himno Ardia2020 composto pola mestra de música Olga de Andrés.

O Claustro de mestres agradecemos a colaboración da Policía Municipal e a asistencia das familias que aplaudiron e vitorearon aos nosos pequerrech@s. Mil grazas. 

Galeria de fotos e vídeos
Os medios de comunicación asistiron tamén ao evento para cubrir a noticia na prensa.

Artículo de La Voz de Galicia


mércores, 4 de decembro de 2019

BOCCIA EN 2º ED. PRIMARIA

Seguimos na semana dos deportes adaptados en Educación Física co grupo de 2º de Educación Primaria. Hoxe fixeron unha pequena adaptación do deporte paralímpico: A Boccia, xogo moi similar á petanca pero lanzando dende a cadeira. O tempo favoreceu que puidéramos facer a actividade ao aire libre no campo de terra. 
Galería de fotos

martes, 3 de decembro de 2019

UN DEPORTE PARALÍMPICO: VOLEIBOL SENTADO

No Día internacional das persoas con discapacidade comenzamos cos deportes adaptados nas clases de Educación Física.
Hoxe os nenos e nenas de 1º de Primaria xogaron a un dos deportes paralímpicos: Voleibol sentado cunhas pequenas modificacións (empregamos globos no lugar dos balóns)  e puideron vivenciar como moverse sen levantar das colchonetas.



luns, 2 de decembro de 2019

SORTEOS PARA OS PORTADORES DA ANTORCHA E OS CARTEIS DAS DELEGACIÓNS

Por fín temos boas previsións do tempo climatolóxico e o xoves día 5 faremos a cerimonia inaugural. Durante estes últimos días estivemos polas clases facendo sorteo dos afortunados que portarán a antorcha durante o percorrido polo noso barrio de Ardia e os portadores dos carteis dos países que representa cada clase. 
Hoxe tocoulles aos de 5º de Ed. Primaria. Xuntámolos na biblio para facer o sorteo. O xoves teñen un papel importante na cerimonia. O resto de compañeiros e compañeiras serán os deportistas que os acompañen. Recordade que as familias estades invitadas a este evento.

Portador da antorcha de 5º
Portadora do cartel de Australia
Portadora do cartel de Japón


mércores, 27 de novembro de 2019

CHARLA INFORMATIVA DA ASOCIACIÓN AMIZADE

Aproxímase a celebración do Día das persoas con discapacide e non podíamos deixar a ocasión para invitar a tres persoas que forman parte da Asociación Amizade para que nos contaran en primeira persoa as súas historias antes e despois de vivir a discapacidade tan de preto. 
Dúas destas persoas adquiriron a discapacide por accidente de tráfico e a outra por enfermidade. Demostraron ademais que a discapacidade, neste caso, física, non lles impide facer deporte, mostrando fotos e vídeos deles nas competicións. Tamén trouxeron unha handbike coa que un deles practica o ciclismo adaptado.
O noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria estivo moi atento e moitos fixeron preguntas interesantes.
Galería de fotos

martes, 26 de novembro de 2019

COMPETICIÓNS DE REMO

Galería de fotos

O luns comezaron as competicións de remo cos ergómetros prestados polo Club de Remo Mecos. 
Cada remeir@ ten 30 segundos para facer a maior distancia posible para o seu país. De momento competiron os países de 3º e 5º de Educación Primaria. Ao longo da semana participarán o resto de cursos e iremos engadindo as fotos ao album. Preme na imaxe para velo.
Tamén podedes ver o album dos adestramentos nas clases de Educación Física.

luns, 25 de novembro de 2019

25 N- O LOGRO DE KATHRINE SWITZER

Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a biblioteca encheuse hoxe de nenas e nenos que presenciaron a actuación teatral do alumnado de 4º de Educación Primaria. 
A representación trataba a historia de Kathrine Switzer, a primeira muller na historia que logrou realizar a maratón de Boston cun dorsal. Se queredes saber máis sobre esta muller só tedes que ver o vídeo da actuación. Disfrutádea!!

4º A actúo para os maiores do cole




4º B actúo para os pequerrech@s