venres, 20 de marzo de 2020

De niñas a leyendas

Dende o taller de solidaridad nos envían este material moi interesante para traballar a igualdade e coñecer  máis sobre as mulleres deportistas.
Tamén ofrecen a posibilidade de descargar un xogo de memoria e un caderno con ideas para facer en familia dada a situación actual de confinamento nas casas por mor do coronavirus.
Preme nas imaxes.
Libro 
Xogo para imprimir
 
Enlace para:

"Nós quedamos na casa"

venres, 13 de marzo de 2020

PARA SABER MÁIS...

O xoves rematamos o xogo-concurso das Olímpicas. Todo o alumnado participou  con entusiasmo buscando as nosas 16 mulleres. Agora toca saber máis delas. 
Nestes días de descanso na casa podedes aproveitar para ler sobre estas mulleres. Aquí vos deixamos o documento elaborado polo Equipo de Biblioteca para facer o xogo. 
Cando retomemos as clases, faremos o sorteo de agasallos entre todos os participantes. 

mércores, 11 de marzo de 2020

CÓMICS DEPORTIVOS

ATENCIÓN!! 
Temos novos traballos do alumnado de 4º de Educación Primaria. Desta vez fixeron uns cómics seguindo coa temática do proxecto das Olimpiadas e os deportes. Prema na imaxe para disfrutar deles.

luns, 9 de marzo de 2020

XOGO-CONCURSO DÍA DA MULLER

GALERÍA DE FOTOS

Comezamos esta semana co xogo-concurso adicado ao Día da Muller (8 de Marzo). Todo o alumnado terá que buscar polas paredes do cole as 16 olímpicas e paraolímpicas escollidas polo Equipo de biblioteca. Cada día colocaremos 4 fichas coa fotografía da deportista, o seu nome e unha breve información sobre os seus logros deportivos. O alumnado terá que cubrir a ficha do xogo que se lle entregou o luns ata completar o nome das 16 mulleres. Ao rematar o xogo, se introducirán todas as fichas no buzón do xogo que haberá no mostrador da biblioteca a partires do xoves. 
De entre todas as fichas completadas correctamente faremos un sorteo de agasallos. 

mércores, 4 de marzo de 2020

SEXTO PREPARA A SÚA TAREFA FINAL DO PROXECTO


Que andarán a facer os rapaces e rapazas de 6º de Ed. Primaria nos ordenadores da biblioteca? Andan como tolos coa tarefa final do proxecto que se lles encomendou. Que será será? 
Moito están a traballar, buscando información e traballando en grupos. 

martes, 3 de marzo de 2020

VÍDEOS PRESENTACIÓN PAÍSES: ESPAÑA

Hoxe a profe de 4º de Educación Infantil achegounos á biblioteca o vídeo de presentación do país que representan os máis pequerrech@s do cole: ESPAÑA!