4º A presenta KENIA
venres, 28 de febreiro de 2020
xoves, 27 de febreiro de 2020
GALERÍA DE FOTOS ENTROIDO
![]() |
Galería de fotos |
Mentres o noso equipo de TICS prepara o vídeo do Entroido e as comparsas, aquí vos adiantamos algunhas das fotos que se fixeron na celebración do Entroido Ardia2020.
mércores, 19 de febreiro de 2020
MANDADIÑOS DO MECO
![]() |
Preme na imaxe |
Os mandadiños do meco deste ano estaban relacionados co proxecto... medallas e coroas de laurel invadiron estes días previos ao Entroido o noso colexio. Grazas familias por facer as coroas tan chulas que luciron os vosos fillos e fillas.
COMPETICIÓNS DE BALONCESTO
Esta semana comezamos as competicións de Baloncesto no tempo de lecer. Ao longo do campionato iremos engadindo máis fotos á Galería. O martes xogaron Guinea Bissau contra Senegal nunha cancha e na outra Australia contra Xapón. Mañá xoves xogarán Tanzania contra Kenia nunha cancha e Islas Salomon contra Maldivas na outra. Sorte para tod@s e que gañe a deportividade!
martes, 18 de febreiro de 2020
VÍDEOS PRESENTACIÓN PAÍSES: EEUU
Alumnado de 2º de Educación Primaria realizou este vídeo de presentación do seu país (EEUU).
xoves, 13 de febreiro de 2020
DEPORTISTAS SOLIDARIOS
O alumnado de 4º, 5º e 6º investiga sobre os deportistas solidarios na área de lingua inglesa polo Día da Paz. Despois da investigación en pequenos grupos de traballo, os de 4º realizaron murais coa información seleccionada, os de 5º e 6º fixeron exposicións orais na aula, xuntaron todos os traballos para elaborar un libro que tedes xa na biblioteca a vosa disposición e por último tamén acudiron á radio para facer podcast.
![]() |
Traballos de 5º e 6º Primaria |
martes, 11 de febreiro de 2020
PROGRAMAS DE RADIO EN INGLÉS SOBRE OS DEPORTISTAS E OS XOGOS OLÍMPICOS
O alumnado de 4º, 5º e 6º están a facer programas de radio en inglés. Os de 6º investigaron sobre os xogos olímpicos e xa fixeron as primeiras gravacións no primeiro trimestre. Agora foi a quenda do alumnado de 5º e nos falan dos deportistas solidarios pola celebración do Día da Paz. Xa nos tarda escoitar tamén aos de 4º ... que nos contarán no terceiro trimestre? Atentos á nosa canle RADIO V.I.
venres, 7 de febreiro de 2020
VIDEOS PRESENTACIÓN PAÍSES: BRASIL E ARXENTINA
Presentación de Brasil (1ºA)
Presentación de Arxentina (1ºB)
Presentación de Arxentina (1ºB)
mércores, 5 de febreiro de 2020
NOVOS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
Neste segundo trimestre o alumnado de 4º de Educación Primaria está a investigar sobre os deportes olímpicos de equipo na área de Educación Fisica. Aquí vos deixamos algúns dos traballos xa expostos na entrada do cole.
![]() |
Preme aquí para ver os traballos |
luns, 3 de febreiro de 2020
ACTUALIZACIÓN DO MEDALLEIRO OLÍMPICO
Rematada a competición de Tiro con arco,actualizamos o noso medalleiro olímpico.
Recordaros que podedes ver algunhas fotos das competicións nos seguintes enlaces do blog:
-Competicións de Fútbol
-Competicións de Remo
-Competicións de Tiro con arco
En breve comezarán as competicións de Baloncesto no tempo de lecer. A ver se temos sorte co tempo climatolóxico e nos permite facer os partidos no patio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)