Tamén poderás aprender a dicir a palabra PAZ en diferentes linguas.
Tamén poderás aprender a dicir a palabra PAZ en diferentes linguas.
Alumnado de 2º B de Educación Primaria realizou despois da fase de investigación do seu país este vídeo de presentación para Ardia 2021.
Nesta primeira semana de Xaneiro poidemos rematar as competicións das carreiras de velocidade que comezamos no primeiro trimestre quedando o medalleiro olímpico do seguinte xeito:
Mural elaborado polo Equipo de biblioteca e a participación do alumnado de 5º de Primaria para decorar a entrada do cole na celebración do Nadal. Buscamos todas as bandeiras dos novos países que participan en Ardia 2021 e a mensaxe "Bo Nadal" nos diferentes idiomas destes países. Así de bonito quedou o noso podium de árbores de Nadal.
Hoxe fixemos o sorteo do concurso que fixeramos o ano pasado polo Día da muller sobre as mulleres olímpicas. Aquí temos os premiados e as premiadas!
O alumnado de 2º comezou xa as súas investigacións sobre os novos países escollidos para ARDIA 2021. Deixamos aquí enlace aos traballos feitos en ambos grupos. Preme nas imaxes para acceder.
Alumnado de 5ºA fai un programa na radio escolar sobre o traballo de investigación que fixeron no curso pasado sobre figuras olímpicas a nivel mundial. Pasa pola nosa canle para escoitar.