O alumnado de 6º A de Educación Primaria elaborou este vídeo trala investigación que fixeron do seu país: Alemaña.
mércores, 2 de xuño de 2021
mércores, 19 de maio de 2021
VIDEO PRESENTACIÓN DO PAÍS DE RUSIA (5º A -PRIMARIA)
O alumnado de 5º A realizou unha profunda investigación sobre o seu país, Rusia. Aquí está o resultado do seu documental.
venres, 7 de maio de 2021
PROGRAMAS DE RADIO SOBRE NORUEGA (6ºB)
Deixamos aquí os enlaces aos diferentes episodios que foron gravando ó longo do curso:
xoves, 6 de maio de 2021
CAMPIONATO DE GOLF E ACTUALIZACIÓN DO MEDALLEIRO OLÍMPICO
Dende o 20 de Abril ata o día de hoxe realizáronse as competicións de Golf dentro do ximnasio nas sesións de Educación Física (Primaria) e nas clases de Psicomotricidade (Infantil). Os nosos deportistas tiñan que dirixir a bóla aos cadrados marcados no chan, sumando diferente puntuación segundo onde parara a bóla: no cadrado laranxa, 1 punto; no verde 2 puntos e no aro central 5 puntos.
mércores, 5 de maio de 2021
MÁIS CURIOSIDADES DEPORTIVAS NA RADIO
https://www.ivoox.com/mais-curiosidades-deportivas-2-b-audios-mp3_rf_69598203_1.html
Neste enlace podemos escoitar outro episodio do noso programa de radio adicado a este proxecto Ardia 2020-2021. Nesta ocasión Éric Rial e Érik Padín cóntanos unha chea de curiosidades deportivas. Sabedes quen inventou o fútbol? En que deporte ten España máis medallas olímpicas? Pódese xogar a algún deporte na Lúa?...
venres, 23 de abril de 2021
IMPRIMIENDO MEDALLAS A TODA MÁQUINA
Para chegar a esta fase da Impresión 3D, primeiro o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu unhas sesións formativas do Deseño e impresión 3D co profe Ramón. Na primeira sesión aprenderon as fases de todo o proceso familiarizándose coa aplicación Tinkercad e na segunda clase transformaron imaxes 2D a 3D empregando o programa SELVA. Así conseguiron transformar o debuxo do logo do proxecto e insertala na peza da medalla.
Agora a máquina está a traballar seguido co fin de poderlle entregar unha medalla a cada alumn@ a final de curso. O reto está en marcha, conseguirémolo?mércores, 21 de abril de 2021
PRESENTACIÓN DO PAÍS DE NOVA ZELANDA (4ºA)







