mércores, 30 de outubro de 2019

SAMAÍN OLÍMPICO NO COLE DE ARDIA

Galería de fotos
Dous días de aténtica locura decorando paredes, portas, corredores... e as esperadas cabazas decoradas polas familias dos nosos alumnos e alumnas en relación ao proxecto. Coma sempre  estamos moi agradecidos pola colaboración das familias cunhas cabazas deportivas moi logradas en tan pouco tempo. Noraboa e grazas a todos por participar e implicaros tanto!!
Premer na imaxe para ver as exposicións de cabazas de Primaria e Infantil.

martes, 29 de outubro de 2019

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE 4º SOBRE O ATLETISMO


Nunha das entradas ao cole podedes ver a exposición de traballos que fixeron os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria na área de Educación Física sobre as diferentes probas e concursos do Atletismo. O esforzo e a creatividade do noso alumnado queda ben reflexado na orixinalidade dalgúns traballos. Así podemos atopar lapbooks con preguntas-xogo e tamén a posibilidade de sacar dun sobre unha corda para ver en situ a lonxitude do record do salto de lonxitude ou do record de salto de altura.

mércores, 23 de outubro de 2019

AXUDANTES FACENDO CHAPAS

Hoxe algunhas axudantes voluntarias de biblioteca de 5º estiveron aprendendo a facer chapas co Logo do proxecto: unha actividade divertida e novidosa.



martes, 22 de outubro de 2019

QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER?

Galería de fotos

Unha das actividades que se está a levar a cabo neste primeiro trimestre no proxecto é descubrir e investigar que sabemos sobre as Olimpiadas e que é o que queremos saber. Por iso, durante o mes de Outubro todos os grupos fixeron asambleas para recoller a información e plantexar preguntas a investigar. O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria será o encargado de facer esta investigación.  Terá ata mediados de Novembro para dar resposta as preguntas de todos os cursos. Superarán o reto??? 

venres, 18 de outubro de 2019

TRABALLOS DE 5º EN LINGUA INGLESA

Estupendos traballos elaborados polo alumnado de 5º de Educación Primaria sobre os deportes e os records olímpicos na área de Lingua Inglesa. 
Noraboa rapaces e rapazas. A seguir investigando e documentando a información!

xoves, 17 de outubro de 2019

PROGRAMA XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA BIBLIOTECA

O día 24 de Outubro celebramos na biblioteca o Día Internacional das Bibliotecas cunha Xornada de portas abertas na que esperamos a participación da comunidade educativa. 
Hoxe todos os nenos e nenas levaron para a casa o programa de actividades e a ficha de inscripción para que aqueles que queiran asistir. Entregade a ficha cuberta antes do día 22 de Outubro aos vosos titores/as.

PREME NA CIRCULAR PARA AUMENTAR TAMAÑO



mércores, 16 de outubro de 2019