venres, 22 de novembro de 2019

GUINEA BISSAU E SENEGAL COMEZAN OS ADESTRAMENTOS DE REMO

Galería de fotos
Hoxe o alumnado de 3º de Educación Primaria comezou os adestramentos de remo cos profes de Educación Física para aprender a técnica e preparar o próximo campionato dos Xogos Ardia2020. 
Temos que agradecer ao Club de remo Mecos que nos prestou os ergómetros para facer esta actividade.

mércores, 20 de novembro de 2019

ESTREAMOS O MEDALLEIRO OLÍMPICO



Hoxe rematamos cos campionatos de Fútbol en Educación Infantil e estreamos así o noso medalleiro olímpico que está exposto na zona do podium, na entrada ao cole. 
Noraboa a tod@s pola participación e o espíritu deportivo co que xogáchedes. 
Tedes todas as fotos que puidemos facer no albúm de Fútbol Ardia2020.

Proximamente comezaremos coas competións de remo. 

martes, 19 de novembro de 2019

luns, 18 de novembro de 2019

POSPOSTA A CERIMONIA INAUGURAL

Debido ás malas previsións metereolóxicas desta semana, nos vemos na obriga de aprazar a Cerimonia Inaugural do día 20 de Novembro ata que teñamos un día sen choiva. Avisaremos por todos os medios posibles da nova data.

Aquí vos deixamos o programa de actuacións para ese día.

11:30 Saída de todos os cursos agás 6º de Ed. Primaria (acompañados polos mestres e o director) aos puntos do percorrido onde recibirán o relevo da antorcha.

12:00 Inicio do Paseo da antorcha olímpica comezando polo alumnado de 6º acompañado polas familias que queiran participar. A mesma irase pasando de curso en curso no punto correspondente. No momento de recibir a antorcha, o/a porteador/a esperará no centro da rúa cos seus compañeir@s a ambos lados. Unha vez entregada continuarase coa carreira, cos compañeiros do que a leva xusto detrás del e o resto que xa viña detrás, organizados en parellas ou grupos de tres. O percorrido será polo barrio de Ardia, con corte de tráfico incluído, para rematar na entrada do cole. Os nenos de 4º de Ed. Infantil (os últimos porteadores) entregan a antorcha ao director.
As familias entrarán as primeira no patio para situarse arredor da zona marcada como "Estadio-patio olímpico".

12:30 Desfile das delegación dos países (cursos) dende a entrada do cole ata o "Estadio-patio" e comezando polos cursos superiores.

12:45 Discurso inaugural da olímpica Teresa Portela.

12:55 Entrada da antorcha no "Estadio-patio" polo porteador/a de 3 anos e encendido do pebetero.
13:00 Interpretación do himno Ardia 2020.

mércores, 13 de novembro de 2019

XORNADA PORTAS ABERTAS DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019


Aquí vos deixamos un vídeo-resumo da xornada de Portas Abertas na que presentamos o proxecto Ardia 2020 as familias e participaron nunha xincana olímpica. 
Agradecemos ao Equipo de Tics esta fabulosa edición!

martes, 12 de novembro de 2019

PREPARATIVOS PARA A CERIMONIA INAUGURAL

As mestras de Educación Infantil pediron a colaboración das familias para pintar as camisetas que os seus pequerrech@s van empregar durante todas as competicións o longo deste curso e que proximamente estrearán o día da Cerimonia Inaugural dos Xogos Ardia 2020. Grazas coma sempre por implicarvos!



Mentras... en Educación Primaria... as rapazas e rapaces están a pintar coa axudas dos mestres.

Preme na imaxe para ver máis



martes, 5 de novembro de 2019

XA TEMOS HIMNO!

Neste audio podedes escoitar o himno das nosas olimpiadas composto pola mestra especialista en Música Olga Andrés e interpretada por ela e o alumnado de 5º de Educación Primaria. 
Agora toca empezar os ensaios por todos os cursos e por suposto as familias tedes que aprendela tamén para o próximo evento. Ide ensaiando!