mércores, 13 de novembro de 2019

XORNADA PORTAS ABERTAS DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019


Aquí vos deixamos un vídeo-resumo da xornada de Portas Abertas na que presentamos o proxecto Ardia 2020 as familias e participaron nunha xincana olímpica. 
Agradecemos ao Equipo de Tics esta fabulosa edición!

martes, 12 de novembro de 2019

PREPARATIVOS PARA A CERIMONIA INAUGURAL

As mestras de Educación Infantil pediron a colaboración das familias para pintar as camisetas que os seus pequerrech@s van empregar durante todas as competicións o longo deste curso e que proximamente estrearán o día da Cerimonia Inaugural dos Xogos Ardia 2020. Grazas coma sempre por implicarvos!



Mentras... en Educación Primaria... as rapazas e rapaces están a pintar coa axudas dos mestres.

Preme na imaxe para ver máis



martes, 5 de novembro de 2019

XA TEMOS HIMNO!

Neste audio podedes escoitar o himno das nosas olimpiadas composto pola mestra especialista en Música Olga Andrés e interpretada por ela e o alumnado de 5º de Educación Primaria. 
Agora toca empezar os ensaios por todos os cursos e por suposto as familias tedes que aprendela tamén para o próximo evento. Ide ensaiando!



mércores, 30 de outubro de 2019

SAMAÍN OLÍMPICO NO COLE DE ARDIA

Galería de fotos
Dous días de aténtica locura decorando paredes, portas, corredores... e as esperadas cabazas decoradas polas familias dos nosos alumnos e alumnas en relación ao proxecto. Coma sempre  estamos moi agradecidos pola colaboración das familias cunhas cabazas deportivas moi logradas en tan pouco tempo. Noraboa e grazas a todos por participar e implicaros tanto!!
Premer na imaxe para ver as exposicións de cabazas de Primaria e Infantil.

martes, 29 de outubro de 2019

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE 4º SOBRE O ATLETISMO


Nunha das entradas ao cole podedes ver a exposición de traballos que fixeron os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria na área de Educación Física sobre as diferentes probas e concursos do Atletismo. O esforzo e a creatividade do noso alumnado queda ben reflexado na orixinalidade dalgúns traballos. Así podemos atopar lapbooks con preguntas-xogo e tamén a posibilidade de sacar dun sobre unha corda para ver en situ a lonxitude do record do salto de lonxitude ou do record de salto de altura.

mércores, 23 de outubro de 2019

AXUDANTES FACENDO CHAPAS

Hoxe algunhas axudantes voluntarias de biblioteca de 5º estiveron aprendendo a facer chapas co Logo do proxecto: unha actividade divertida e novidosa.



martes, 22 de outubro de 2019

QUE SABEMOS, QUE QUEREMOS SABER?

Galería de fotos

Unha das actividades que se está a levar a cabo neste primeiro trimestre no proxecto é descubrir e investigar que sabemos sobre as Olimpiadas e que é o que queremos saber. Por iso, durante o mes de Outubro todos os grupos fixeron asambleas para recoller a información e plantexar preguntas a investigar. O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria será o encargado de facer esta investigación.  Terá ata mediados de Novembro para dar resposta as preguntas de todos os cursos. Superarán o reto???