![]() |
Preme na imaxe |
luns, 27 de abril de 2020
Maratón literario de deportistas
O Taller de Solidariedade envíanos este enlace ao Maratón literario realizado por deportistas con motivo do Día do Libro. Esperamos que vos guste.
sábado, 25 de abril de 2020
Marcapáxinas ARDIA 2020
Con motivo da celebración do Día do Libro o Equipo de Dinaminación da Lingua Galega propón, no novo blog de tarefas polo COVID-19, a elaboración destes marcapáxinas cos debuxos das nosa mascota e do Logo do proxecto.
Algún alumno xa enviou á súa titora a foto co marcapáxinas. Grazas Equipo, grazas familia!
Algún alumno xa enviou á súa titora a foto co marcapáxinas. Grazas Equipo, grazas familia!
![]() |
Preme nos debuxos para imprimir os marcapáxinas |
Etiquetas:
Animación á lectura e a escritura,
Ardia 2020,
Día do libro,
Equipos Dinamización Lingua Galega,
euquedonacasa,
Familias,
Infantil e Primaria
venres, 10 de abril de 2020
6 de Abril, Día internacional do deporte para o desenvolvemento e a paz
No ano 2013, a Organización das Naciones Unidas proclamou o 6 de abril como Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz. Esta data foi escollida para conmemorar os primeiros Xogos Olímpicos levados a cabo en Atenas, Grecia en 1896.
Todos os anos celébrase en moitos países do mundo organizando actividades físicas, charlas e obradoiros diferentes relacionados co deporte e que contribúan á promoción da actividade física.
Dada a situación na que estamos na actualidade, os invitamos a realizar de forma voluntaria exercicios físicos na casa: xogos en familia, bailes, ioga... ou as propostas que vos facemos no blog de tarefas de Educación Física.

Ánimo e moita enerxía!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)